domingo, 14 de junio de 2020

Bo Verán !

Ola rapaces, rapazas e familias!

Despedímonos dende o blogue non sen antes agradecervos o voso grande esforzo e interese en seguir as nosas propostas semanais.


Para acabar deixámosvos unhas fichas moi chulas para colorear e uns diplomas que tod@s merecedes.😃



Diplomas

 (Elixe o que máis che guste e preme para descargar)




@s nen@s  de 2º de Primaria tendes nos vosos libros o voso propio diploma no que só tendes que poñer o voso nome e o curso.


Bo verán !  Descansade moito!

domingo, 7 de junio de 2020

Actividades Educación Primaria Xuño


Ola rapaces, rapazas e familias!
Nestas últimas semanas de clase non imos mandar tarefas pero podedes repasar dunha maneira divertida cos xogos que vos deixamos a continuación. Premede na seguinte imaxe para acceder a eles.



Igualmente, para pasar o tempo e reflexionar traémosvos unha selección de curtas que de seguro vos gustarán. Premede na imaxe para velas.



Por último, para @s máis artistas deixámosvos unha manualidade moi chula. Premede na imaxe para vela.


Mirade que ben queda :) 

Sara (3º C)                                               Amelia (4ºB)

                                  

Ánimo que xa queda menos!

ma.victoriabertolo@gmail.com (Vicky)

mariacambonvarela@yahoo.com  (María)