A continuación preséntovos un novo xogo (recomendado
para 5º e 6º Primaria) que podedes utilizar para repasar os contidos: KAHOOT !
Mandámosvos unhas instrucións co fin de que non teñades
problemas para acceder, é moi sinxelo, podedes acceder dende o voso ordenador, tableta ou dispositivo móbil. Por favor
utilizar o voso nome e a inicial do voso apelido. Iremos mandando algún xogo
deste tipo para repasar.
Que tedes que facer para xogar a Kahoot ?
- Pódese
xogar dende un ordenador, tableta ou móbil.
- Dende o
navegador de Google, buscar Kahoot
e entrar na páxina que pon Play Kahoot!-
Enter game PIN
Here!.
- Agora terás que escribir
o PIN
que vos facilitamos e preme Enter.
PIN
KAHOOT SEMANA SANTA: 076022
- Tamén podes premer no seguinte enlace directamente:
- Na seguinte pantalla,
pídeche a túa Nickname. Acórdate de poñer o teu nome e a primeira letra do teu
apelido e preme sobre OK,
go!
Ánimo e a xogar !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario