domingo, 26 de abril de 2020

Día da Nai

Este próximo Domingo, celebraremos o día da Nai, así que imos facerlle unha homenaxe ás nosas mamás cun agasallo. Temos que ser agradecid@s con elas e demostrarlles o agarimo e admiración que sentimos.
Inda que este día non é unha festa relixiosa, lémbranos á figura materna máis importante: a nai de Xesús, por iso fíxose coincidir no primeiro domingo de maio, mes especialmente dedicado á Virxe María. Neste mes estala a primavera con centos de flores, por iso é típico regalarlle flores ás nais e á Virxe María, a nai de todos.
Hai moitas ideas para regalar, elixe a que máis che guste e prepara algo sinxelo, escóndeo e dállo á túa nai o domingo, seguro que lle vai a gustar. Dámosvos ideas para utilizar cousas que xa teñades pola casa, é importante reciclar e moito mais agora que non podemos saír a comprar materiais.

Tarxetas regalo


No seguinte vídeo veras como se fan tarxetas diferentes




Diploma Supermamá


Enlace descarga por se podes imprimilo en Pdf:

Corazón con cualidades


Enche o corazón con cualidades da vosa nai. Podes inspirarte pero non fai falta que sexa igual !




Moitos bicos !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario