Este
próximo Domingo, celebraremos o día da Nai, así que imos facerlle unha homenaxe
ás nosas mamás cun agasallo. Temos que ser agradecid@s con elas e demostrarlles
o agarimo e admiración que sentimos.
Inda que este día non é unha festa relixiosa, lémbranos á
figura materna máis importante: a nai de Xesús, por iso fíxose coincidir no
primeiro domingo de maio, mes especialmente dedicado á Virxe María. Neste mes
estala a primavera con centos de flores, por iso é típico regalarlle flores ás
nais e á Virxe María, a nai de todos.
Hai moitas ideas para regalar, elixe a que máis che guste e prepara algo
sinxelo, escóndeo e dállo á túa nai o domingo, seguro que lle vai a gustar. Dámosvos
ideas para utilizar cousas que xa teñades pola casa, é importante reciclar e
moito mais agora que non podemos saír a comprar materiais.
Tarxetas regalo
No seguinte vídeo veras como se fan tarxetas diferentes
Diploma Supermamá
Enlace descarga por se podes imprimilo en Pdf:
Corazón con cualidades
Enche o corazón con cualidades da vosa nai. Podes inspirarte pero non fai falta que sexa igual !
Moitos bicos !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario