domingo, 26 de abril de 2020

Tarefas 5º Primaria (27-30 Abril)


Para esta semana propoñémosvos afondar mais na figura de Wangari Maathai, activista medioambiental e a favor do papel das mulleres. Foi a primeira muller africana en recibir o Nobel da Paz no 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz.
De seguido, deixámosvos un par de vídeos; no primeiro coñeceredes a súa historia e a súa loita contra a masiva deforestación do seu pobo, mentres que no segundo podedes desfrutar do conto "Wangari y los árboles de la paz".

Despois de ver os vídeos premede na ficha para responder a unhas sinxelas preguntas. Por último, non esquezades premer a terminado ao acabar a ficha e poñer o voso nome e curso antes de enviar, así as vosas respostas xa nos chegan directamente os nosos correos. 

Biografía



Conto "Wangari y los árboles de la paz"



Preme no seguinte enlace para facer o exercicio:



No hay comentarios:

Publicar un comentario