Para esta semana propoñémosvos afondar mais na figura de Wangari
Maathai, activista medioambiental e a favor do papel das mulleres. Foi a
primeira muller africana en recibir o Nobel da Paz no 2004 pola súa
contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz.
De seguido, deixámosvos un par de vídeos; no primeiro
coñeceredes a súa historia e a súa loita contra a masiva deforestación do seu
pobo, mentres que no segundo podedes desfrutar do conto "Wangari y los
árboles de la paz".
Despois de ver os vídeos premede na ficha para responder
a unhas sinxelas preguntas. Por último, non esquezades premer a terminado ao
acabar a ficha e poñer o voso nome e curso antes de enviar, así as
vosas respostas xa nos chegan directamente os nosos correos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario