Como xa moit@s de vos sabedes a semana pasada celebrouse
o Día Internacional dos Museos. Gracias a eles podemos desfrutar de infinidade de obras de
arte (pintura, escultura,..) que nos ensinan moito da nosa cultura, historia,
etc.
A semana pasada puidemos coñecer un cadro da Sagrada Familia, e esta semana imos coñecer outro que representa a historia de Adán e Eva.
A semana pasada puidemos coñecer un cadro da Sagrada Familia, e esta semana imos coñecer outro que representa a historia de Adán e Eva.
Como xa sabedes, Adán e Eva vivían nun grande e marabilloso xardín chamado Edén
rodeados de fermosos animais e prantas.
Se non distinguides ben os detalles do cadro, premendo na imaxe podedes ver o Paraíso moito máis grande e mellor na web do Museo do Prado.
Podedes repasar a historia de Adán e Eva vendo o seguinte
vídeo, recordade que este relato non hai que entendelo o pé da letra, xa que é
un relato relixioso. O importante é a mensaxe que revela: o home e a muller,
creados en igualdade, deben coidar a terra e practicar o ben e evitar o mal
para ser felices.
Preme na
seguinte imaxe para acceder os exercicios
Mara (4º C), Amelia (4º B) e Sara (3º C) mandáronme os seus debuxos da paisaxe! Todas unhas artistas !
Mara
Amelia
Sara
Mirade que ben lle quedaron a:
Amelia
No hay comentarios:
Publicar un comentario