Ola rapaces e rapazas ! Esta semana imos descubrir un día
moi importante, Pentecostés , que este ano 2020 é o 31 de Maio. Celébrase 50
días despois de Pascua e recorda o momento en que os apóstolos e a Virxe María
reciben o Espírito Santo.
Na Biblia cóntannos como despois de morrer Xesús, os
apóstolos quedaron en Xerusalén, pero sentíanse sós, tristes e sen forza ata
que sentiron a presenza de Xesús. O Espírito Santo chegou aos apóstolos e a
María en forma de aire e de lume, Xesús contáxialles a súa forza e saen a
contarllo a todo o mundo.
Dende entón, 50 días despois da Resurrección de Xesús, os
cristiáns celebramos a chegada do Espírito Santo, a festa de Pentecostés.
Despois de ler o seguinte relato facede os sinxelos exercicios.
Despois de ler o seguinte relato facede os sinxelos exercicios.
Moitos pintores plasmaron este fermoso momento nos seus
cadros, algúns tan famosos como El Greco, esta obra de arte atópase no Museo do
Prado en Madrid. (Premede na imaxe para ver mellor e máis grande o cadro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario