lunes, 25 de mayo de 2020

Tarefas 25-29 de Maio


Ola rapaces, rapazas e familias!
Que tal estades? Esperamos que ben e con moitas ganas de traballar un pouquiño ;)
Aquí vos deixamos as tarefas para esta semana:

Enlaces directos as tarefas


Ánimo e non dubidedes en comunicarvos con nós.

Moitos bicos!

5º e 6º Primaria (25-29 Maio)


Ola rapaces e rapazas ! Esta semana imos descubrir un día moi importante, Pentecostés , que este ano 2020 é o 31 de Maio. Celébrase 50 días despois de Pascua e recorda o momento en que os apóstolos e a Virxe María reciben o Espírito Santo.
Na Biblia cóntannos como despois de morrer Xesús, os apóstolos quedaron en Xerusalén, pero sentíanse sós, tristes e sen forza ata que sentiron a presenza de Xesús. O Espírito Santo chegou aos apóstolos e a María en forma de aire e de lume, Xesús contáxialles a súa forza e saen a contarllo a todo o mundo.
Dende entón, 50 días despois da Resurrección de Xesús, os cristiáns celebramos a chegada do Espírito Santo, a festa de Pentecostés. 
Despois de ler o seguinte relato facede os sinxelos exercicios.

 

Moitos pintores plasmaron este fermoso momento nos seus cadros, algúns tan famosos como El Greco, esta obra de arte atópase no Museo do Prado en Madrid. (Premede na imaxe para ver mellor e máis grande o cadro)
 


https://www.museodelprado.es/coleccion/obra-de-arte/pentecostes/f83b921d-2380-4dc9-8532-b3c597dab1e8

Premede na seguinte imaxe para acceder o exercicio

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=Religi%C3%B3n&t=pparv8uv2a&is=y&ia=y&l=sy&i=xctxnz&r=qc

Para finalizar podedes colorear este cartel tan chulo de Pentecostés ou facer a vosa versión do cadro "Pentecostés" do Greco. (Premede nas imaxes para descargar)



https://drive.google.com/file/d/1KHvEzFHEd1eVOsw2qgl3GQgLPfeM0JRO/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/1K6S3vDFMfFg1dU_iRsknV4pISbEeIuUo/view?usp=sharing

Moitos bicos !