Xa está aquí unha nova semana e as profes de Reli estamos
moi contentas co voso traballo, encántanos encontrar no noso correo as vosas
tarefas. Estádelo facendo xenial !
Para esta semana deixámosvos unhas tarefas moi sinxelas,
que estamos seguras que vos sairán moi ben.
Como ben sabedes, nestas semanas estamos a comprobar o
autentico significado da palabra paciencia...Por iso, resulta importante
coñecer ao personaxe de Job, Santo con unha gran paciencia, que gracias a súa
fe en Deus superou grandes dificultades !
Despois de ler a historia facede o exercicio online que
vos deixamos abaixo. Ao terminar premede “Terminado” e poñede simplemente o
voso nome e apelidos antes de enviar. Ánimo que son exercicios moi sinxelos !
Para esta semana propoñémosvos afondar mais na figura de Wangari
Maathai, activista medioambiental e a favor do papel das mulleres. Foi a
primeira muller africana en recibir o Nobel da Paz no 2004 pola súa
contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz.
De seguido, deixámosvos un par de vídeos; no primeiro
coñeceredes a súa historia e a súa loita contra a masiva deforestación do seu
pobo, mentres que no segundo podedes desfrutar do conto "Wangari y los
árboles de la paz".
Despois de ver os vídeos premede na ficha para responder
a unhas sinxelas preguntas. Por último, non esquezades premer a terminado ao
acabar a ficha e poñer o voso nome e curso antes de enviar, así as
vosas respostas xa nos chegan directamente os nosos correos.
Esta semana traballaremos outro par de parábolas; O
fillo pródigo, coñecida xa por vos, e o Fariseo e o Publicano
(cobrador de impostos). Despois de ler a información e ver os vídeos facede
os exercicios abaixo propostos. Por último, non esquezades premer a terminado
ao acabar as fichas e poñer o voso nome e apelidos antes de envialas. Ánimo son
moi sinxelas !
Fillo Pródigo
O Fariseo e o Publicano (Cobrador de impostos)
Preme nos seguintes enlaces para acceder os exercicios:
Como sabedes o xoves pasado celebramos o día do libro.
Por iso, nas próximas semanas repasaremos moitas das historias do libro mais
importante para os amigos de Xesús, a Biblia.
Pero antes imos a repasar algunhas cousas básicas sobre o
libro mais lido e vendido do mundo. Seguide lendo e ao terminar facede un sinxelo exercicio online. (Recordade poñer o voso nome e apelidos antes de enviar)
A Biblia está formada por 73 libros e divídese en dúas
partes
Unha é a parte do Antigo Testamento que está formada por
46 libros! Todos eles escribíronse antes de nacer Xesús.
Nesta parte nárranse moitas historias sobre o pobo de
Israel e os amigos de Deus; como por exemplo a historia de Noé que nos ensina a
confiar en Deus, ou a historia de Moisés que nos mostra que Deus sempre está ao
noso carón do mesmo xeito que o estaba do Pobo de Israel.
Pero as historias máis importantes están na segunda parte
da Biblia que é o Novo Testamento, que ten 27 libros, que se escribiron despois
de resucitar Xesús. Nos 4 primeiros libros do Novo Testamento, chamados
Evanxeos, podemos ler unha chea de historias sobre o que Xesús dixo e fixo, por
exemplo cando e onde naceu, como coñece aos seus doce amigos os apóstolos, como
ensinou a rezar o Noso Pai ou como curaba e perdoaba. Tamén nos ensina a súa
mensaxe e como comezou a Igrexa, o novo pobo de Deus.
Mira estes vídeos antes de facer o exercicio online:
Para que vos divirtades déixovos aquí o enlace os Xogo da
Biblia que nos proporciona o Ministerio de Educación, onde podedes atopar sopas
de letras, debuxos para colorear online, crebacabezas, etc. Se non vos
funcionase con Google Chrome podedes abrilo con outro navegador como por
exemplo Mozilla.
Ola nen@s ! Como sabedes, a semana pasada celebramos o
día do libro. En clase de reli vimos que os amig@s de Xesús temos un libro
especial, que é a Biblia.
Seguide lendo para coñecer un pouquiño máis sobre a
Biblia, ao terminar facede uns sinxelos exercicios online.
Está dividida en dúas partes
Antigo Testamento
Consta de 46 libros e conta historias que ocorreron antes do nacemento de Xesús.
Novo Testamento
Consta de 27 libros e conta historias que ocorreron despois do nacemento de Xesús.
Mira os seguintes vídeos
Enlaces exercicios por curso:
Non esquezades poñer o nome completo e o curso antes de enviar !
Ola nen@s! Aproveitando que o día 23 foi o día
do Libro, traémosvos unha mensaxe moi importante dun amigo que se chama Grim,
ao que lle gustan moito os libros. Queredes saber de que se trata? Premede no
seguinte vídeo !
Tamén vos deixamos unha sinxela ficha online onde tendes
que seleccionar os bos comportamentos que se deben ter nunha biblioteca.
Este
próximo Domingo, celebraremos o día da Nai, así que imos facerlle unha homenaxe
ás nosas mamás cun agasallo. Temos que ser agradecid@s con elas e demostrarlles
o agarimo e admiración que sentimos.
Inda que este día non é unha festa relixiosa, lémbranos á
figura materna máis importante: a nai de Xesús, por iso fíxose coincidir no
primeiro domingo de maio, mes especialmente dedicado á Virxe María. Neste mes
estala a primavera con centos de flores, por iso é típico regalarlle flores ás
nais e á Virxe María, a nai de todos.
Hai moitas ideas para regalar, elixe a que máis che guste e prepara algo
sinxelo, escóndeo e dállo á túa nai o domingo, seguro que lle vai a gustar. Dámosvos
ideas para utilizar cousas que xa teñades pola casa, é importante reciclar e
moito mais agora que non podemos saír a comprar materiais.
Tarxetas regalo
No seguinte vídeo veras como se fan tarxetas diferentes
Como
ben sabedes tod@s, estamos a pasar unha situación delicada que aínda non
sabemos moi ben o tempo que durará…
Nestes días que estades na casa, aínda que teñades
tarefas de Mate, Lingua e doutras materias, espero que reservedes un momentiño
para traballar no blogue.
Deixámosvos a continuación unhas tarefas online por curso para
traballar esta semana.
Con algún dos traballos non esquezades que despois de
finalizar a ficha tedes que premer “Terminado”. A continuación podedes comprobar as vosas
respostas ou enviárnolas poñendo o voso nome, curso e o código: pparv8uv2a
Para calquera pregunta, aclaración... podedes contactar
con nos por medio dos nosos correos electrónicos:
Durante estes días animámosvos a repasar a historia desta
rapaza gañadora dun Nobel da Paz, Malala Yousafzai.
Despois de ver o vídeo premede no enlace para facer o exercicio
online. Non esquezades seleccionar "Terminado" ao acabar. Despois comprobade
as vosas respostas ou enviádemas (recordade poñer o voso nome, curso e o código: pparv8uv2a ))
Preme no seguinte enlace para acceder o exercicio online:
Xesús ensinaba con parábolas, que son pequenas historias
ou comparacións que servían para que a xente sinxela aprendese o que el lles quería
explicar.
Nestas próximas semanas imos a repasar moitas desas
parábolas que tanto vos gustan, algunhas xa moi coñecidas por vos e outras non
tanto. Empezaremos por dúas ben famosas: “O bo Samaritano” e a “Ovella Perdida”.
Bo Samaritano
Ovella Perdida
Premede nas seguintes fichas interactivas e antes de
facer os exercicios online repasade os contidos vendo os vídeos. Non esquezades
premer terminado ao acabar. Despois comprobade as vosas respostas ou enviádemas
(recordade poñer o voso nome, curso e o código: pparv8uv2a)
Premede nos seguintes enlaces para acceder os exercicios:
Durante esta semana propoñémosvos
que leades o seguinte conto: “En la Iglesia somos una familia”. Despois da
lectura podedes facer a ficha interactiva correspondente o voso curso e escoitar a canción que vos deixo a continuación :)
En la Iglesia somos una familia
Lula y
Pepe están muy contentos, hoy sus padres les van a llevar a un sitio muy
especial, la mamá de Lula la ha dicho que allí encontrará una nueva familia,
más grande, y diferente, pero una familia que se quiere y que todos son amigos
de Jesús. Así
que mamá le estaba hablando de la Iglesia. Cuando han llegado, el sitio era muy
bonito, había gente por todas partes y también muchos niños. Lula
ha visto a Pepe y ha salido corriendo para saludarle, sus mamás les han
explicado que en la Iglesia tenían que estar en silencio, portarse muy bien, y
escuchar lo que el sacerdote tenía que decirles.
- Y,
¿Cómo sabremos quien es el sacerdote?- Preguntó Pepe a su mamá.
- Es
muy fácil- le dijo su mamá- en la Iglesia hay un lugar que se llama altar, en
ese lugar, hay una mesa cubierta de blanco, en ella esta el libro más
importante de los cristianos, que se llama La Biblia, la persona que esta en el
altar, es el sacerdote, y es el que nos dará la misa- le explica su mamá.
Al
entrar Lula y Pepe ven muy rápido el altar, y reconocen al sacerdote, el papá
de Lula les explica que ahora deben guardar silencio, porque vamos a la Iglesia
para acordarnos de Jesús y que sino guardamos silencio molestamos a los demás.
- ¿Y
estos bancos?- Pregunta Pepe.
- Son
los bancos para sentarnos y escuchar lo que el sacerdote tiene que decirnos- le
explica su mamá- y es algo muy importante, porque va a hablarnos de Dios y de
Jesús, va a contarnos lo bueno que era con las personas, y todo lo que nos
quería.
Lula y
Pepe se portaron muy bien durante toda la misa, y luego sus papás les llevaron
a conocer a otros niños que también habían estado en la Iglesia con ellos.
Lula y
Pepe jugaron con el resto de niños y se dieron cuenta de que las personas que
van a la Iglesia son todas una familia porque todas creen en Jesús, y van a la
Iglesia para recordarle.
Un dos temas mais importantes en Relixión é o
coidado da Creación; da natureza, dos animais... De seguido deixámosvos un par
de vídeos para os mais pequen@s sobre a súa protección e conservación.Despois
de velos @s nen@s poden facer unha sinxela ficha online na que teñen que
relacionar cada animal co seu fogar.
Coidamos a nosa casa
Coidamos os animais
Preme no seguinte enlace para acceder a actividade online:
Para estes días despois de Semana Santa deixámosvos estas
fichas de repaso interactivas. Premedes o enlace ou copiades en google a dirección,
facédela ficha e despois premedes a “terminado” para comprobar as vosas respostas.