domingo, 3 de mayo de 2020

Tarefas 5º Primaria (4-8 Maio)


Ola rapazas e rapaces !
Esta semana vamos a coñecer a vida dunha muller que se fixo famosa en todo o mundo por dedicar a súa vida a defender os máis pobres: Santa Teresa de Calcuta
Agnes (nome de nacemento de Teresa) dende moi nena tivo a necesidade de pertencer a Igrexa e os 18 anos marchou para Irlanda para recibir formación relixiosa.Tempo despois decidiu marchar a Calcuta, na India, e alí se fixo monxa.
Estivo vinte anos traballando como mestra nun colexio para mozas, pero un día pensou que o que realmente quería era axudar aos máis necesitados, así que o deixou todo e fundou unha congregación relixiosa á que chamou “Misioneras de la Caridad”. Vestiuse con roupas brancas bordadas de azul, e a partir de entón, internouse nos barrios máis pobres de Calcuta para axudar aos famentos, aos enfermos de  lepra, aos nenos abandonados,… Mesturábase con todos eles para proporcionarlles axuda e consolo.
Os últimos anos da súa vida tivo problemas de saúde, pero Teresa de Calcuta seguiu axudando sen descanso a miles de persoas que vivían na miseria, ata o final dos seus días.



Tamén podedes ver este vídeo sobre a súa vida:




Despois de ler e ver o vídeo facede a seguinte ficha (preme na imaxe para acceder a ela):



Ánimo é moi sinxela !!!


Moitos bicos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario