lunes, 1 de junio de 2020

5º e 6º Primaria (1-5 Xuño)


Ola rapaces e rapazas !
Esta semana propoñémosvos afondar máis na figura dun dos apóstolos de Xesús: Santiago o Maior. Ademais de coñecer máis da historia do Camiño de Santiago, tan importante para Galicia.
Santiago o Maior recibe este nome para diferencialo do outro apóstolo de Xesús chamado tamén Santiago ao que se lle dicía o Menor, probablemente por ter menor estatura. 
Santiago o Maior era fillo de  Zebedeo e Salomé e irmán de Juan, tamén discípulo de Xesús.

Era pescador e probablemente viviu en Betsaida ou Cafarnaún.
Crese que viaxou ata España, estando en Galicia e Zaragoza, onde se lle apareceu a Virxe chamada Virxe do Pilar.

 
No ano 44,  Herodes  Agripa I, rei de  Judea, mandou decapitar (cortar a cabeza) a Santiago cunha espada. Dise que o soldado a quen se encargou a súa execución, ao ver a disposición inquebrantable de Santiago para entregar a súa vida en nome de Xesús, caeu aos seus pés aceptando a Xesucristo como o seu Señor; aquel soldado tamén foi decapitado nesa hora xunto con Santiago.
Os restos do apóstolo están na Catedral de Santiago de Compostela, edificada no seu nome e a súa festa celébrase o 25 de Xullo.
 
Aquí tendes a curta “Santiago, a viaxe continúa”, que narra de xeito sinxelo a Historia de Compostela, desde as súas orixes romanas ata o achado do Sepulcro do Apóstolo. Sobre estes feitos comeza toda a tradición do Camiño de Santiago e os seus peregrinos (persoas que viaxan a algún lugar sagrado por devoción).



Premede na imaxe para acceder os exercicios


https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=Religi%C3%B3n&t=pparv8uv2a&l=ao&i=sddufo&r=ea




No hay comentarios:

Publicar un comentario