Ola rapaces e rapazas !
Esta semana propoñémosvos afondar máis na figura dun
dos apóstolos de Xesús: Santiago o Maior. Ademais de coñecer máis da historia do
Camiño de Santiago, tan importante para Galicia.
Santiago o Maior recibe este nome para diferencialo do
outro apóstolo de Xesús chamado tamén Santiago ao que se lle dicía o Menor,
probablemente por ter menor estatura.
Santiago o Maior era fillo de Zebedeo e Salomé e irmán de Juan, tamén
discípulo de Xesús.
Crese que viaxou ata España, estando en Galicia e
Zaragoza, onde se lle apareceu a Virxe chamada Virxe do Pilar.
Os restos do apóstolo están na Catedral de Santiago de
Compostela, edificada no seu nome e a súa festa celébrase o 25 de Xullo.
Aquí tendes a
curta “Santiago, a viaxe continúa”, que narra de xeito sinxelo a
Historia de Compostela, desde as súas
orixes romanas ata o achado do Sepulcro
do Apóstolo. Sobre estes feitos comeza toda a tradición do Camiño de
Santiago e os seus peregrinos (persoas que viaxan a algún lugar sagrado por devoción).
No hay comentarios:
Publicar un comentario