domingo, 26 de abril de 2020

Tarefas 27-30 Abril


Ola rapazas e rapaces !
Xa está aquí unha nova semana e as profes de Reli estamos moi contentas co voso traballo, encántanos encontrar no noso correo as vosas tarefas. Estádelo facendo xenial !
Para esta semana deixámosvos unhas tarefas moi sinxelas, que estamos seguras que vos sairán moi ben.

Enlaces directos as tarefas




Xa sabedes que ante calquera dubida podedes contactar con nos:

Vémonos moi pronto campións e campioas !!!

Tarefas 6º Primaria (27-30 Abril)

Ola rapaces e rapazas !
Como ben sabedes, nestas semanas estamos a comprobar o autentico significado da palabra paciencia...Por iso, resulta importante coñecer ao personaxe de Job, Santo con unha gran paciencia, que gracias a súa fe en Deus superou grandes dificultades !

Despois de ler a historia facede o exercicio online que vos deixamos abaixo. Ao terminar premede “Terminado” e poñede simplemente o voso nome e apelidos antes de enviar. Ánimo que son exercicios moi sinxelos !





Enlace exercicio online:


Exercicio Job

Boa semana !

Tarefas 5º Primaria (27-30 Abril)


Para esta semana propoñémosvos afondar mais na figura de Wangari Maathai, activista medioambiental e a favor do papel das mulleres. Foi a primeira muller africana en recibir o Nobel da Paz no 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz.
De seguido, deixámosvos un par de vídeos; no primeiro coñeceredes a súa historia e a súa loita contra a masiva deforestación do seu pobo, mentres que no segundo podedes desfrutar do conto "Wangari y los árboles de la paz".

Despois de ver os vídeos premede na ficha para responder a unhas sinxelas preguntas. Por último, non esquezades premer a terminado ao acabar a ficha e poñer o voso nome e curso antes de enviar, así as vosas respostas xa nos chegan directamente os nosos correos. 

Biografía



Conto "Wangari y los árboles de la paz"



Preme no seguinte enlace para facer o exercicio:



Tarefas 4º Primaria (27-30 Abril)

Esta semana traballaremos outro par de parábolas; O fillo pródigo, coñecida xa por vos, e o Fariseo e o Publicano (cobrador de impostos). Despois de ler a información e ver os vídeos facede os exercicios abaixo propostos. Por último, non esquezades premer a terminado ao acabar as fichas e poñer o voso nome e apelidos antes de envialas. Ánimo son moi sinxelas !


Fillo Pródigo



O Fariseo e o Publicano (Cobrador de impostos)




Preme nos seguintes enlaces para acceder os exercicios:



Moitos bicos !

Tarefas 3º Primaria (27-30 Abril)

Ola rapaces e rapazas!
Como sabedes o xoves pasado celebramos o día do libro. Por iso, nas próximas semanas repasaremos moitas das historias do libro mais importante para os amigos de Xesús, a Biblia.
Pero antes imos a repasar algunhas cousas básicas sobre o libro mais lido e vendido do mundo. Seguide lendo e ao terminar facede un sinxelo exercicio online. (Recordade poñer o voso nome e apelidos antes de enviar)

A Biblia está formada por 73 libros e divídese en dúas partes



Unha é a parte do Antigo Testamento que está formada por 46 libros! Todos eles escribíronse antes de nacer Xesús.

Nesta parte nárranse moitas historias sobre o pobo de Israel e os amigos de Deus; como por exemplo a historia de Noé que nos ensina a confiar en Deus, ou a historia de Moisés que nos mostra que Deus sempre está ao noso carón do mesmo xeito que o estaba do Pobo de Israel.

Pero as historias máis importantes están na segunda parte da Biblia que é o Novo Testamento, que ten 27 libros, que se escribiron despois de resucitar Xesús. Nos 4 primeiros libros do Novo Testamento, chamados Evanxeos, podemos ler unha chea de historias sobre o que Xesús dixo e fixo, por exemplo cando e onde naceu, como coñece aos seus doce amigos os apóstolos, como ensinou a rezar o Noso Pai ou como curaba e perdoaba. Tamén nos ensina a súa mensaxe e como comezou a Igrexa, o novo pobo de Deus.

Mira estes vídeos antes de facer o exercicio online:





Exercicio Online 


Para que vos divirtades déixovos aquí o enlace os Xogo da Biblia que nos proporciona o Ministerio de Educación, onde podedes atopar sopas de letras, debuxos para colorear online, crebacabezas, etc. Se non vos funcionase con Google Chrome podedes abrilo con outro navegador como por exemplo Mozilla.

Premede na imaxe para ir o xogo. Bicos !!!


Tarefas 1º e 2º Primaria (27-30 Abril)

Ola nen@s ! Como sabedes, a semana pasada celebramos o día do libro. En clase de reli vimos que os amig@s de Xesús temos un libro especial, que é a Biblia
Seguide lendo para coñecer un pouquiño máis sobre a Biblia, ao terminar facede uns sinxelos exercicios online. 

Está dividida en dúas partes





Antigo Testamento

 Consta de 46 libros e conta historias que ocorreron antes do nacemento de Xesús.


Novo Testamento 

Consta de 27 libros e conta historias que ocorreron despois do nacemento de Xesús.



Mira os seguintes vídeos





Enlaces exercicios por curso:


Non esquezades poñer o nome completo e o curso antes de enviar !


Se vos apetece premede nas seguintes imaxes para pintar ou facer un crebacabezas online:















Deixámosvos tamén esta canción para que bailedes e cantedes. Moitos bicos !



Tarefas Infantil (27-30 Abril)

Ola  nen@s! Aproveitando que o día 23 foi o día do Libro, traémosvos unha mensaxe moi importante dun amigo que se chama Grim, ao que lle gustan moito os libros. Queredes saber de que se trata? Premede no seguinte vídeo !
Tamén vos deixamos unha sinxela ficha online onde tendes que seleccionar os bos comportamentos que se deben ter nunha biblioteca. 

Ánimo é moi sinxela !




Preme na imaxe para facer a tarefa:














Moitas apertas !

Día da Nai

Este próximo Domingo, celebraremos o día da Nai, así que imos facerlle unha homenaxe ás nosas mamás cun agasallo. Temos que ser agradecid@s con elas e demostrarlles o agarimo e admiración que sentimos.
Inda que este día non é unha festa relixiosa, lémbranos á figura materna máis importante: a nai de Xesús, por iso fíxose coincidir no primeiro domingo de maio, mes especialmente dedicado á Virxe María. Neste mes estala a primavera con centos de flores, por iso é típico regalarlle flores ás nais e á Virxe María, a nai de todos.
Hai moitas ideas para regalar, elixe a que máis che guste e prepara algo sinxelo, escóndeo e dállo á túa nai o domingo, seguro que lle vai a gustar. Dámosvos ideas para utilizar cousas que xa teñades pola casa, é importante reciclar e moito mais agora que non podemos saír a comprar materiais.

Tarxetas regalo


No seguinte vídeo veras como se fan tarxetas diferentes




Diploma Supermamá


Enlace descarga por se podes imprimilo en Pdf:

Corazón con cualidades


Enche o corazón con cualidades da vosa nai. Podes inspirarte pero non fai falta que sexa igual !




Moitos bicos !!!

lunes, 20 de abril de 2020

Tarefas 20-24 de Abril

Ola rapaces e rapazas!!!
Como ben sabedes tod@s, estamos a pasar unha situación delicada que aínda non sabemos moi ben o tempo que durará…
Nestes días que estades na casa, aínda que teñades tarefas de Mate, Lingua e doutras materias, espero que reservedes un momentiño para traballar no blogue.
Deixámosvos a continuación unhas tarefas online por curso para traballar esta semana. 

Enlaces directos as tarefas








Con algún dos traballos non esquezades que despois de finalizar a ficha tedes que premer “Terminado”. A continuación podedes comprobar as vosas respostas ou enviárnolas poñendo o voso nome, curso e o código: pparv8uv2a 





Para calquera pregunta, aclaración... podedes contactar con nos por medio dos nosos correos electrónicos:


Moitos bicos e apertas dende a distancia das vosas profes de Reli !!!

Tarefas 6º Primaria (20-24 Abril)

Nesta semana convidámosvos a repasar un dos temas mais interesantes que xa vimos no 1er Trimestre : As principais relixións do mundo.
Despois de ler e ver os vídeos facede dous exercicios online da Editorial Anaya. Ánimo, son moi sinxelos!!!

Símbolos


Resumen


Hinduismo


Budismo


Judaísmo


 Cristianismo


 Islam


Actividades Online




Moitos bicos!!!

Tarefas 5º Primaria (20-24 Abril)


Durante estes días animámosvos a repasar a historia desta rapaza gañadora dun Nobel da Paz, Malala Yousafzai.
Despois de ver o vídeo premede no enlace para facer o exercicio online. Non esquezades seleccionar "Terminado" ao acabar. Despois comprobade as vosas respostas ou enviádemas (recordade poñer o voso nome, curso e o código: pparv8uv2a ))




Preme no seguinte enlace para acceder o exercicio online:



Ánimo e moitos bicos!!!

Tarefas 4º Primaria (20-24 Abril)


Xesús ensinaba con parábolas, que son pequenas historias ou comparacións que servían para que a xente sinxela aprendese o que el lles quería explicar.
Nestas próximas semanas imos a repasar moitas desas parábolas que tanto vos gustan, algunhas xa moi coñecidas por vos e outras non tanto. Empezaremos por dúas ben famosas: “O bo Samaritano” e a “Ovella Perdida”.

Bo Samaritano


Ovella Perdida



Premede nas seguintes fichas interactivas e antes de facer os exercicios online repasade os contidos vendo os vídeos. Non esquezades premer terminado ao acabar. Despois comprobade as vosas respostas ou enviádemas (recordade poñer o voso nome, curso e o código: pparv8uv2a)

Premede nos seguintes enlaces para acceder os exercicios:




Moito ánimo !

Tarefas 3º Primaria (20-24 Abril)


Presentámosvos a continuación a historia de Zaqueo, un home que despois do seu encontro con Xesús cambia a súa vida.
Despois de ler a historia facede o exercicio online que vos deixamos ao final.  


Vídeo



Premede no seguinte enlace para facer o exercicio:


Despois de completar a ficha pulsa “Terminado”, escribe o teu nome e curso e pulsa “Enviar”. A resposta xa me chega directamente.

Exercicio Zaqueo

Moitos bicos !

Tarefas 1º e 2º Primaria (20-24 Abril)


Durante esta semana propoñémosvos que leades o seguinte conto: “En la Iglesia somos una familia”. Despois da lectura podedes facer a ficha interactiva correspondente o voso curso e escoitar a canción que vos deixo a continuación :)

En la Iglesia somos una familia




Lula y Pepe están muy contentos, hoy sus padres les van a llevar a un sitio muy especial, la mamá de Lula la ha dicho que allí encontrará una nueva familia, más grande, y diferente, pero una familia que se quiere y que todos son amigos de Jesús.
Así que mamá le estaba hablando de la Iglesia. Cuando han llegado, el sitio era muy bonito, había gente por todas partes y también muchos niños.
Lula ha visto a Pepe y ha salido corriendo para saludarle, sus mamás les han explicado que en la Iglesia tenían que estar en silencio, portarse muy bien, y escuchar lo que el sacerdote tenía que decirles.

-    Y, ¿Cómo sabremos quien es el sacerdote?- Preguntó Pepe a su mamá.

-    Es muy fácil- le dijo su mamá- en la Iglesia hay un lugar que se llama altar, en ese lugar, hay una mesa cubierta de blanco, en ella esta el libro más importante de los cristianos, que se llama La Biblia, la persona que esta en el altar, es el sacerdote, y es el que nos dará la misa- le explica su mamá.

Al entrar Lula y Pepe ven muy rápido el altar, y reconocen al sacerdote, el papá de Lula les explica que ahora deben guardar silencio, porque vamos a la Iglesia para acordarnos de Jesús y que sino guardamos silencio molestamos a los demás.

-    ¿Y estos bancos?- Pregunta Pepe.

-    Son los bancos para sentarnos y escuchar lo que el sacerdote tiene que decirnos- le explica su mamá- y es algo muy importante, porque va a hablarnos de Dios y de Jesús, va a contarnos lo bueno que era con las personas, y todo lo que nos quería.

Lula y Pepe se portaron muy bien durante toda la misa, y luego sus papás les llevaron a conocer a otros niños que también habían estado en la Iglesia con ellos.

Lula y Pepe jugaron con el resto de niños y se dieron cuenta de que las personas que van a la Iglesia son todas una familia porque todas creen en Jesús, y van a la Iglesia para recordarle.


Ficha online 1º Primaria



Ficha online 2º Primaria



Moito ánimo !

Tarefas Educación Infantil (20-24 Abril)


Un dos temas mais importantes en Relixión é o coidado da Creación; da natureza, dos animais... De seguido deixámosvos un par de vídeos para os mais pequen@s sobre a súa protección e conservación. Despois de velos @s nen@s poden facer unha sinxela ficha online na que teñen que relacionar cada animal co seu fogar.

Coidamos a nosa casa




Coidamos os animais



Preme no seguinte enlace para acceder a actividade online:


Boa semana !!!

lunes, 13 de abril de 2020

Tarefas repaso 14-17 de Abril


Para estes días despois de Semana Santa deixámosvos estas fichas de repaso interactivas. Premedes o enlace ou copiades en google a dirección, facédela ficha e despois premedes a “terminado” para comprobar as vosas respostas.


1º-2º de Primaria


3º-4º de Primaria


5º-6º de Primaria

jueves, 9 de abril de 2020

Historia do ovo de Pascua

Para colorear


Preme o seguinte enlace para descargar e colorear os ovos de Pascua

martes, 7 de abril de 2020

Manualidades Semana Santa


De seguido tendes algunhas ideas para facer algunha manualidade durante esta Semana Santa na casa.

Ovos de Pascua


Déixovos tres enlaces a vídeos de Youtube onde vos explican como preparar un ovo e como decoralo para Pascua.





Coellos de Pascua con tubos de papel hixiénico


Tamén podemos realizar un coello de Pascua divertido con tubos de papel hixiénico.




Animádevos !!!

sábado, 4 de abril de 2020

Manualidade Domingo de Ramos


Este domingo celebramos a entrada de Xesús en Xerusalén. Toda a xente recibiuno con palmas e ramos; por iso a este domingo chamámolo Domingo de Ramos.
Mira ben este vídeo e fai a túa propia palma, logo podela adornar ou colgala na túa xanela ou terraza.