domingo, 26 de abril de 2020

Tarefas 3º Primaria (27-30 Abril)

Ola rapaces e rapazas!
Como sabedes o xoves pasado celebramos o día do libro. Por iso, nas próximas semanas repasaremos moitas das historias do libro mais importante para os amigos de Xesús, a Biblia.
Pero antes imos a repasar algunhas cousas básicas sobre o libro mais lido e vendido do mundo. Seguide lendo e ao terminar facede un sinxelo exercicio online. (Recordade poñer o voso nome e apelidos antes de enviar)

A Biblia está formada por 73 libros e divídese en dúas partes



Unha é a parte do Antigo Testamento que está formada por 46 libros! Todos eles escribíronse antes de nacer Xesús.

Nesta parte nárranse moitas historias sobre o pobo de Israel e os amigos de Deus; como por exemplo a historia de Noé que nos ensina a confiar en Deus, ou a historia de Moisés que nos mostra que Deus sempre está ao noso carón do mesmo xeito que o estaba do Pobo de Israel.

Pero as historias máis importantes están na segunda parte da Biblia que é o Novo Testamento, que ten 27 libros, que se escribiron despois de resucitar Xesús. Nos 4 primeiros libros do Novo Testamento, chamados Evanxeos, podemos ler unha chea de historias sobre o que Xesús dixo e fixo, por exemplo cando e onde naceu, como coñece aos seus doce amigos os apóstolos, como ensinou a rezar o Noso Pai ou como curaba e perdoaba. Tamén nos ensina a súa mensaxe e como comezou a Igrexa, o novo pobo de Deus.

Mira estes vídeos antes de facer o exercicio online:





Exercicio Online 


Para que vos divirtades déixovos aquí o enlace os Xogo da Biblia que nos proporciona o Ministerio de Educación, onde podedes atopar sopas de letras, debuxos para colorear online, crebacabezas, etc. Se non vos funcionase con Google Chrome podedes abrilo con outro navegador como por exemplo Mozilla.

Premede na imaxe para ir o xogo. Bicos !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario