Este venres pasado celebramos o día internacional da
familia fixándonos como modelo na Sagrada Familia de Nazaret, Coñécela? Sabes cantos
membros ten esa familia? Sabes como se chaman? Sabes quen pintou este cadro e
como se chama? Imos coñecelo.
La Sagrada Familia del Pajarito
A Sagrada Familia (María, Xosé e Xesús) foi tan
importante ao longo da historia que grandes artistas quixeron representala. Así
foi o caso de Bartolomé Esteban MURILLO, pintor sevillano moi famoso, que representou á familia dunha maneira
maxistral con esta obra chamada “La Sagrada Familia del Pajarito”
O museo onde o podemos ver é o MUSEO DO PRADO, que está
en Madrid.
Imos facer unha viaxe virtual o museo para coñecer este cadro. Como? Moi fácil!
Imos facer unha viaxe virtual o museo para coñecer este cadro. Como? Moi fácil!
Mira o seguinte vídeo e presta moita atención.
Neste vídeo podes coñocer máis a Sagrada Familia:
Deseguido fai esta sinxela actividade (Preme na imaxe)
Xa coñecemos a familia de Xesús ! Ti tamén podes pintar a túa
versión do cadro (preme na imaxe para descargar) ou facer un debuxo da túa familia. Anímate !
Algúns de vós xa me enviastes a vosa versión. Están
xenial !
Amelia (4º B)
Héctor (4º D)
Iván (4º B)
Sara (3º C)
Moitos bicos !
No hay comentarios:
Publicar un comentario