Ola nenas e nenos !
Esta semana imos a coñecer a Daniel, o gran mago das palabras !
Daniel sabe que as palabras son poderosas e a el gústalle
xogar con elas e ver a cara de felicidade da xente cando as oe. Sabe ben que as
palabras amables son máxicas, son como chaves que che abren a porta dos demais.
Porque se ti es amable, todo é amable contigo. E Daniel pregúntache: queres
tentalo ti e ser un mago das palabras amables?
Mira o seguinte vídeo para coñecer mellor o mago Daniel !
De seguido deixámosvos unha ficha por se vos apetece
colorear as palabras máxicas (preme na imaxe para descargar):
Outra palabra máxica é “Quérote”.E para traballala imos ver un conto moi famoso, seguro xa o coñecedes
!
Repasa o conto vendo este vídeo:
Tamén vos deixamos unhas actividades por se vos apetece
traballar con esta historia (preme na imaxe):
Para finalizar podedes colorear a lebre, repasar as letras e regalarlla a alguén que queirades moito.
Moitos bicos !
No hay comentarios:
Publicar un comentario