Ola rapazas e rapaces !
Esta semana vamos a coñecer a vida dunha muller que se
fixo famosa en todo o mundo por dedicar a súa vida a defender os máis pobres:
Santa Teresa de Calcuta.
Agnes (nome de nacemento de Teresa) dende moi nena tivo a necesidade de pertencer a Igrexa e os 18 anos marchou para Irlanda para recibir formación relixiosa.Tempo despois decidiu marchar a Calcuta, na India, e alí se fixo monxa.
Agnes (nome de nacemento de Teresa) dende moi nena tivo a necesidade de pertencer a Igrexa e os 18 anos marchou para Irlanda para recibir formación relixiosa.Tempo despois decidiu marchar a Calcuta, na India, e alí se fixo monxa.
Estivo vinte anos traballando como mestra nun colexio
para mozas, pero un día pensou que o que realmente quería era axudar aos máis
necesitados, así que o deixou todo e fundou unha congregación relixiosa á que
chamou “Misioneras de la Caridad”. Vestiuse con roupas brancas bordadas de azul,
e a partir de entón, internouse nos barrios máis pobres de Calcuta para axudar
aos famentos, aos enfermos de lepra, aos
nenos abandonados,… Mesturábase con todos eles para proporcionarlles axuda e
consolo.
Os últimos anos da súa vida tivo problemas de saúde, pero
Teresa de Calcuta seguiu axudando sen descanso a miles de persoas que vivían na
miseria, ata o final dos seus días.
Tamén podedes ver este vídeo sobre a súa vida:
Despois de ler e ver o vídeo
facede a seguinte ficha (preme na imaxe para acceder a ela):
Ánimo é moi sinxela !!!
Moitos bicos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario