lunes, 11 de mayo de 2020

Tarefas 6º Primaria (11-15 Maio)


Ola rapaces e rapazas! Esta semana imos traballar a vida de San Pablo, un dos personaxes máis importantes do cristianismo. Foi un viaxeiro incansable que, alí por onde ía, anunciaba a mensaxe de Xesús e fundaba numerosas comunidades cristiás. Pero o principio non foi así, antes de facerse cristián, dedicouse a perseguir cristiáns e a levalos os tribunais para que fosen xulgados.
O nome de Pablo significa "pequeno". Saulo (como se chamaba nun principio) cambiouse o nome para expresar que o encontro con Xesús que el tivo fíxolle ser unha persoa máis humilde.
Despois de ler a súa historia e ver o vídeo facede a ficha online. Recordade que o premer “enviar”(send) as vosas respostas chéganme directamente o meu e-mail.  


Vídeo 


Preme no seguinte enlace para facer a ficha online:



Se queredes imprimir a ficha e facela en papel tamén podedes. Premede no seguinte enlace:


Moitos bicos

No hay comentarios:

Publicar un comentario